Lugo celebrará unha nova edición de la Mostra de Teatro Clásico.Trátase da XVI edición deste evento cultural que terá lugar desde mañá, 11 de febreiro, ata o próximo 12 de marzo.
En total representaranse 10 obras no Auditorio Gustavo Freire con prezos que varían entre os 5 e os 10 euros e a posibilidade de comprar bonos para ver as 7 obras da sección oficial de entre 35 e 45 euros. As entradas pódense adquirir a través da web entradaslugo.es.
Ademais, por segundo ano consecutivo, varios restaurantes da cidade participan neste evento coa proposta de tapas inspiradas nas obras teatrais que se poden degustar, tamén, do 11 de febreiro ao 12 de marzo.