A adega Paco&Lola acaba de lanzar unha edición limitada con motivo da celebración de San Valentín que estará á venda ata o 14 de febreiro a través da súa tenda online. A marca cambia, para esta edición especial, os seus lunares por corazóns.
Non é a única proposta para o día dos namorados xa que, para celebrar esta data, a adega lanzou a visita especial San Valentin que consiste nunha visita guiada ás súas instalacións, un curso de iniciación á cata e unha botella da edición limitada San Valentín para dúas persoas. As entradas tamén son limitadas e pódense conseguir a través da tenda online.