Accor desembarcará en Galicia cun hotel da marca ibis Styles na Coruña da man do empresario José Souto que asinou un acordo preferente para a explotación hoteleira baixo a marca ibis Styles ou outras do grupo durante os próximos anos na comunidade galega.
O hotel ibis Styles A Coruña estará emprazado no WorkCenter, espazo que ata agora xestionaba a cadea Husa e abrirá as súas portas oficialmente o próximo 15 de abril.
O hotel someterase a un proceso de renovación completa para adaptarse aos estándares de calidade, así como para modernizar e adaptar a súa oferta ás necesidades do mercado actual e da cadea. O establecemento conta con 84 cuartos, catro delas family suites, unha planta premium, zonas de lectura, ‘bussines corner’ e zonas interactivas.
Coa firma desta nova franquía, Accor consolídase como o primeiro franquiador hoteleiro en España cun 23% da súa carteira de 86 hoteis abertos neste réxime no país.