Afundación acolle dende hoxe e ata o próximo 29 de agosto a exposición Pilar Bugallal. Naturezas mortas, unha mostra que reúne un total de 27 obras desta artista coruñesa.
A pintora iniciou os seus estudos na academia Belas Artes Dores Díaz Baliño tras o que continuou os seus estudos noutros centros de Madrid e París.
Os interesados poderán visitar esta exposición de luns a venres en horario de 17:00 a 20:00 horas e os sábados e festivos de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00 horas.