
Os artistas son algúns dos protagonistas dos próximos días na sala El Náutico do Grove que ofrecerá dende hoxe e ata o 20 de agosto un total de sete propostas.
Ás 01:00 horas de hoxe está programado un recital a cargo de León Benavente cun prezo de entradas de 8 euros. E seguirá mañana co concerto de Ariel Rot á mesma hora pero a un prezo de 15 euros. O festivo, o venres, Watch Out chegará á sala para actuar ás 01:00 horas con entrada libre. O domingo desde o mediodía será o turno para Showroom Onyvá.
A próxima semana Mónica de Nut e Virxilio da Silva estarán o luns 18 a partir das 19:30 horas, a entrada é libre. O martes 19, Iván Ferreiro ofrecerá un concerto acústico ás 20:00 horas cuxo prezo será de 15 euros. Seguiralle Radio Pesquera cun recital ás 20:00 horas con entrada libre, xa o mércores 20.