A zona do val de Vimianzo contará cunha ruta turística na que a Deputación da Coruña colaborará co devandito concello co investimento de 45.000 euros, o que supón o 80% do total do proxecto.
O percorrido unirá os principais puntos de interese deste municipio como o castelo de Vimianzo, o pazo de Traseriz, a casa da cultura, o río Cambeda, o muíño do Agra e o castro das Barreiras, lugares nos que se instalarán paneis informativos.
O proxecto, que inclúe obras de urbanización, pavimentación e instalación de varandas, contará tamén coa creación dunha páxina web.