A organización do Festival Armadiña Rock 2015, que se celebrará na praza da Chousa en Combarro, acaba de pechar o cartel deste evento que terá lugar o próximo 21 de agosto a partir das 22:30 horas.
Trátase da sétima edición deste festival e nel participarán os seguintes grupos: Familia Caamagno, Os diplomáticos de Montealto, Recambios Tucho e O leo e arremecághona.
A entrada ao festival é gratuíta e os asistentes dispoñerán dunha zona de acampada, tamén gratuíta, situada ao lado do campo de fútbol Reiboa na Seca.