Os xefes de cociña Estanis Carenzo (Sudestada, Chifa e Picsa) e Iván Domínguez (Alborada 1 * Michelin e Alabaster), cociñarán en directo xunto a outros xefes de cociña na IV Edición do Festival PortAmérica Rías Baixas que se celebra dende mañá e ata o 18 de xullo en Porto do Molle.
Ambos os dous xefes de cociña ofrecerán as súas propostas de cociña na rúa de calidade. Propostas creadas para a ocasión que poderán degustarse cun custo de entre 3 € e 5 € cada prato e nos que se poderá ver a unión de Europa e América a través das cociñas de Estanis Carenzo e Iván Domínguez.
En concreto, Carenzo preparará Empanadilla chifa de porco e cuitlacoche e Bocata de lingua de vaca en escabeche galego. Mentres que Domínguez presentará Agridulce de aguacate e Galo Celta e o seu Bocata de costela de vaca vella.
Comisionados por Pepe Solla unha representación de 20 xefes de cociña internacionais con 10 Estrelas Michelin e ampla representación galega, conectarán Europa e América a través da cociña co fin de encontrar novas fórmulas de progreso económico e social a ambos os dous lados do Atlántico. Propostas únicas creadas para o Festival.