O Consello Regulador das Indicacións Xeográficas (CRIIGG) de Augardentes e Licores Tradicionais de Galicia cualificou o pasado ano un total de 276.458 litros de destilados. Esta cifra supón un incremento dun 16% con respecto ao ano anterior.
Os datos de contraetiquetas emitidas tamén rexistraron unha subida con respecto ao ano anterior, sendo de preto dun 4%. Mentres que en 2014 emitíronse 400.425 etiquetas, en 2015 foron 415.482, un novo máximo no últimos cinco anos.
Dentro das catro Indicacións Xeográficas incluídas no Consello Regulador o Licor de Herbas foi do que se emitiron máis contraetiquetas (177.916), sendo tamén o produto que rexistrou un maior incremento durante o pasado 2015. Séguenlle o Licor Café, con 128.306, e o Augardente de Orujo, con 101.691. Pechan a listaxe o Augardente de Herbas e o Augardente Envellecida, con 4.339 e 3.230 contraetiquetas, respectivamente.