O musical Las Minas Puerto Flamenco, que reúne aos gañadores do festival do Cante As Minas de La Unión, pasará esta semana polo Auditorio de Ferrol e o Teatro Afundación de Vigo. Tres dos mellores bailaores flamencos do momento- Eduardo Guerrero, Yolanda Osuna e Amador Rojas- únense neste espectáculo que conta a historia do flamenco.
Trátase dun evento singular de 90 minutos con 10 artistas no escenario, cada un cunha figura na súa especialidade. Ofrece diferentes tipos de flamenco xunto con habaneras, guajiras, coplas, tangos… A montaxe do espectáculo xira ao redor da vida nos portos e os seus traballadores.
En concreto, o espectáculo pasará por Ferrol o venres 19 de febreiro e por Vigo o sábado 20, nunha xira que percorrerá unha trintena de cidades. As entradas xa están á venda a un prezo de entre 18 e 25 euros.