Por segundo ano consecutivo Cervexas Menduiña volve do certame internacional de cervexas artesás de Irlanda, a Dublin Craft Beer Cup, con medalla, nesta ocasión para a súa María Soliña.
Se o ano pasado a cervexeira de Cangas do Morrazo presentábase ao certame con Santa Compaña, nesta ocasión apostaron por esta cervexa tipo lager de aromas predominantemente doces pero cun toque afumado que lle achega un final seco, equilibrado e redondo. Unha aposta que foi recoñecida polo xurado independente que conforma os prestixiosos premios Dublin Craft Beer Cup cunha medalla de bronce.
Como na edición anterior, María Soliña foi a única cervexa galega que obtivo un galardón entre as centenares de cervexas que se presentaban a concurso, procedentes de 60 cervecerías. Xunto á cervexa artesá galega, tamén recibiron premio outras dez cervexas españolas.