A duodécima edición do Festival de Cans arrancou onte nun ano no que concorren 19 curtametraxes e 20 vídeo clips, que optarán aos once galardóns e aos máis de 5.000 euros en xogo.
O groso da programación do festival concentrarase o fin de semana, cando o director José Luis Cuerda e o actor Javier Gutiérrez sumarán os seus nomes ao Torreiro das estrelas, o particular paseo da fama do festival.
Un dos pratos fortes desta edición será a proxección en exclusiva das primeiras imaxes da película Rey Gitano, de Juanma Bajo Ulloa. No apartado de actividades paralelas destaca a programación musical, con actuacións de Sidonie, Def con Dos, Sés, Luar na Lubre ou Quempallou.