A Ruta do Viño do Ribeiro celebra os días 6 e 7 de xuño a IV edición das Xornadas de Portas Abertas, un programa repleto de actividades enoturísticas para todos os públicos que este ano conta coa novidade do viñobus.
Durante estes dous días as persoas participantes poderán visitar as adegas adheridas á Ruta e degustar os seus viños; gozar de experiencias enogastronómicas con menús dos restaurantes da zona; descansar entre viñedos e gozar dos recursos enoturísticos da zona grazas a catro liñas de bus. Ademais, a igrexa da Madalena, en Ribadavia, ofrece o sábado 6, ás 20:00 horas, degustación de máis de 20 marcas de viño e a actuación dun grupo musical.