JakobslandBrewers, marca de cervexa artesá impulsada por tres socios desde Santiago de Compostela, resultou distinguida con tres galardóns nos prestixiosos premios sectoriais Iberian Awards.
Nesta convocatoria, na que había 13 clases de premios, a marca galega gañou o da mellor cervexa na súa categoría (Dumbstruck Super Citra Ale), unha medalla de ouro e outra de bronce.
Lanzada a principios de 2016, a marca céntrase na elaboración de cervexa artesá de alta calidade, baseada na selección das mellores maltas, recentemente cultivados lúpulos e aposta polos produtos galegos como a froita, o viño ou as herbas.