O VI Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia 2016, que se celebrará do 9 ao 12 de xuño conxuntamente coa Feira de Festas de Interese Turístico (Festur) e de forma paralela á 39ª Abanca Semana Verde de Galicia, volverá contar coa súa recoñecida Bolsa de Contratación Turística.
Participarán un total de 31 operadores de turismo procedentes de 10 países con gran interese como emisores de turismo. Así, acoden almacenistas de Alemaña, Bulgaria, EE.UU, España, Holanda, Italia, Noruega, Polonia, Portugal e Rusia.
Estes operadores internacionais e nacionais coñecerán a oferta de 79 empresas do sector do turismo, 76 galegas e 3 de fóra de Galicia, que participan na Bolsa de Contratación nesta edición. Tras as reunións participarán nunha viaxe de familiarización que incluirá visitas a Pontevedra, Vigo, Illas Cíes, Baiona, O Rosal e Compostela.