O Ciclo de Jazz que cada ano organiza a cervexa 1906 percorrerá 12 cidades españolas, 6 galegas, durante os próximos tres meses e ofrecerá un total de 50 concertos para celebrar a súa sétima edición.
O evento arrancará o próximo 16 de marzo no Teatro Principal de Compostela cun recital a cargo de Brad Mehldau Trío e clausurarase, tamén na capital galega, cun maratón de jazz galego na praza da Quintana o 19 de xuño. Cidades como A Coruña, Ferrol,Lugo, Vigo e Ourense tamén serán escenario deste ciclo.
Para a presente edición incorpórase á programación unha liña que acollerá xéneros afíns como o soul, o blues ou o funk. Artistas tan dispares como Brad Mehldau, Kenny Garrett, Avishai Cohen ou Atomic, son algunhas das propostas entre un total de 16 formacións, 16 salas, e mais de 50 concertos.