As pernoctacións hoteleiras caeron en Galicia un 3,95 por cento en xaneiro fronte ao mesmo mes de 2013, segundo os datos publicados este luns polo Instituto Nacional de Estatística (INE).
En canto ao número de viaxeiros, tamén decreceron, con 120.668 rexistrados no primeiro mes de 2014 fronte aos 129.630 computados en xaneiro do pasado exercicio.
No conxunto estatal, os hoteis españois acadaron 12,7 millóns de pernoctacións en xaneiro de 2014, o que supón un aumento do 7,6% respecto a 2013.
Por outra parte, Galicia foi ao terceira comunidade na que máis descenderon as prezos, cunha baixada do 3,7%, tras Madrid e Castela A Mancha.