A XXIX edición de Cineuropa chegará a Santiago mañá, 6 de novembro, e celebrarase ata o próximo día 29 coa proxección de 300 películas no Teatro Principal, Salón Teatro, CGAC, Sede Afundación e Auditorio de Galicia.
Serán de pago un centenar de películas -o prezo será de 4 euros ou de 3 no caso de adquirir o bono10-, mentres que as restantes serán de entrada libre ou gratuíta previa retirada de invitación.
Nesta edición, realizarase unha homenaxe ao director mexicano Arturo Ripstein e ao portugués Miguel Gomes.