O vindeiro domingo, 8 de novembro, a Ruta do Viño da Ribeira Sacra organizará unha xornada con motivo da celebración do Día Europeo do Enoturismo.
En concreto, inclúe un tramo de 12 quilómetros da ruta de sendeirismo da Ribeira Sacra do Miño; unha comida na Faragulla Wine Bar e unha visita á adega Vía Romana.
As prazas son limitadas e a actividade ten un prezo de 20 euros por persoa. Máis información no mail rutavino@ribeirasacra.org.