O Clúster de Turismo de Galicia participa na World Travel Market de Londres ata o próximo 5 de novembro cunha delegación composta por 30 asociados co obxectivo de manter contactos con turoperadores internacionais aos que presentará a oferta de Galicia como destino turístico.
A WTM é unha das feiras sectoriais de referencia para o sector turístico a nivel internacional e reúne a uns 50.000 profesionais das viaxes en cada edición. Os asociados do Clúster de Turismo terán o seu espazo no stand habilitado por Turespaña para Galicia.