Un total de 12 asociados do Clúster Turismo de Galicia participan na ITB Berlín, unha das feiras sectoriais de referencia para o sector turístico a nivel internacional xunto con FITUR e a World Travel Market. Os contactos e actividades da delegación comercial continuarán en Berlín ata o próximo domingo na cuadraxésima novena edición que este ano está dedicada ao país asiático Mongolia.
O obxectivo é dar a coñecer a diversidade e riqueza da oferta diferencial que ofrece Galicia, ao tempo que se establecen novas relacións comerciais con turoperadores do mercado alemán, o segundo mercado emisor máis importe para Galicia en canto a número de turistas que recibe a nosa comunidade.