
O número de peregrinos que chegou en febreiro a Santiago de Compostela aumentou un 59,2 por cento fronte ao mesmo mes de 2014, ao pasar de 970 a 1.544 persoas.
Delas, o 38,41% foron mulleres e o 61,59% homes. A pé chegaron o 95%, en bicicleta, un total do 4,92% e a cabalo, unha persoa.
Do total de peregrinos os españois sumaron un 43%, a maioría de Andalucía, Madrid, Galicia e Castela León. Mentres que o 57% restante foron estranxeiros, sobre todo de Portugal, Corea e Irlanda.