Un total de 10 bandas de rock de Lugo actuarán os días 9 e 10 de outubro na praza de Santa María e no aparcadoiro do Seminario, dentro das festas do San Froilán 2015.
Trátase de Mhythical Fail, Lastway, Maldia, Barbarina Prophecies, Kalte Sonne, Bristol, Rockatansky Brothers, Crazy Breeds, Zootropa e Galiryon. Con estas actuacións o concello consolida a súa aposta polos músicos locais.
Por outra parte, ata o 22 de setembro, continúa aberto o prazo de inscrición para o 2º Concurso de Polbeiros e Polbeiras San Froilán 2015.