Adegas Docampo acaba de convocar a cuarta edición do seu concurso gastronómico Cociñar con Viño, nas modalidades de afeccionados e alumnos de centros e escolas de Hostalería de Galicia.
Os participantes deberán presentar as súas propostas, pratos que deberán ser de creación propia, indicando tanto os ingredientes e cantidades necesarias como a forma de elaboración. Os concursantes deberán elixir entre un prato principal ou unha sobremesa que deberán maridar con algún dos viños de Adegas Do Campo.
As receitas seleccionadas participarán no obradoiro que se instalará na feira Xantar 2016 onde levará a cabo o fallo dos premios que irán dos 125 euros do terceiro premio aos 400 do primeiro.
Os interesados en participar poden inscribirse ata o 11 de xaneiro de 2016 e recibir máis información na dirección globaleventosycomunicacion@gmail.com.