Desde este martes, 27 de outubro, pódense comprar na páxina web de Ryanair os billetes con saída desde Peinador, o aeroporto de Vigo, con destino a Barcelona, Dublín e Bolonia, as novas rutas que estarán dispoñibles en 2016.
Os voos diarios a Barcelona comezarán o 2 de xaneiro e en abril comezarán as rutas a Bolonia e Dublín con dúas frecuencias semanais. Ata o día 29 de outubro os billetes poderanse adquirir a un prezo de 19,99 euros. A compañía estima que se moverán uns 150.000 pasaxeiros creando 150 postos de traballo.