
A Coruña acollerá en Palexco, o próximo 27 de novembro, o I Encontro de Clústers de Turismo de España, unha cita que contará con expertos do sector e que analizará as posibilidades de innovación que poden contribuír a afianzar o turismo conmo fonte de riqueza natural, económica e social.
O Encontro de Clústers busca, ademais, servir de espazo de traballo para os profesionais, posicionando un cambio de enfoque na colaboración público-privada e tratando de mellorar a comercialización dos destinos a través da innovación.
A xornadas están dirixidas tanto aos profesionais do sector coma ao ámbito universitario e da administración pública vinculada ao turismo. O prazo de inscrición está xa aberto e a inscrición é gratuíta pero obrigatoria xa que o aforamento é limitado. Todos os interesados poden facelo xa a través da web Clusterturismodegalicia.com/encuentro.