O Grupo de Acción Costeira da Costa da Morte acaba de establecer un plan de traballo durante o mes de setembro que lle permitirá confeccionar paquetes turísticos profesionais co fin de impulsar este sector na zona.
As propostas, que se espera que cheguen a entre 5 e 8, combinarán aloxamento e restauración con actividades de ocio, deporte, cultura ou natureza, entre outras. Neste sentido, préndese ter en conta aspectos como o surf, os faros, o sendeirismo, o turismo adaptado ou o ámbito cultural-gastronómico.
O proxecto pretende confeccionar paquetes turísticos que poidan ser adquiridos polos viaxeiros a través de touroperadores, de aí a importancia dunha boa estratexia de comercialización e promoción na que se terá en conta a creación dunha imaxe, a realización de folletos en varios idiomas e a presenza en feiras internacionais do sector turístico.