O Centro Torrente Ballester de Ferrol inaugura mañá, venres 22 de xaneiro ás 20:00 horas, a mostra Arte, artesanía, deseño e sustanbilidade en Galicia no século XXI e acolle, unha hora antes, unha mesa redonda de especialistas en deseño.
A exposición amosa unha mostra da realidad do novo deseño na nosa comunidade con especial atención ao deseño industrial, editorial, de moda, a tipografía ou o produto.
Numax, Ta Ta Ta, desescribir, Dardo, Uqui Permui, Marcos Dopico, Amai Rodríguez, La Canalla, Anna Champeney, Sara Coleman, Sistema Lupo, Arturo Álvarez, Rosa Méndez, Marta Armada, Noroeste Obradoiro, Cenlitrosmetrocadrado, K-lo Taller de Ecodiseño, Iago:monroy, Tomás Alonso, Idoia Cuesta, Elías Cueto, Víctor Ares ou Cucuducho participan neste proxecto.