Ata o 13 de decembro as casas de Turismo Rural de Galicia celebran o seu 9º Outono Gastronómico, patrocinado por Turismo de Galicia.
Cada unha das casas rurais ofrecerá dous menús diferentes, exclusivamente concibidos para esta ocasión. A oferta inclúe os entrantes, primeiros e segundos pratos, sobremesas, cafés ou infusións, viños de denominación de orixe galega ou outras bebidas polo prezo global de 30 euros por persoa.
Tamén se ofrece a posibilidade de adquirir o Paquete Outono Gastronómico que permite degustar o menú outono gastronómico e pasar a noite na casa de turismo rural elixida, incluíndo os almorzos do seguinte día dentro da oferta. Existen modalidades dunha noite ou fin de semana tanto para unha persoa, como para unha parella ou para familias.