
Imaxe de A Esmorga
As películas A Esmorga e Os Fenómenos e a serie de televisión Serramoura son as propostas finalistas que acumulan máis candidaturas na XIII edición dos Premios Mestre Mateo, que a Academia Galega do Audiovisual celebrará o próximo 11 de abril en Palexco, A Coruña.
A Esmorga, con 16 candidaturas, sitúase como a máis votada entre os finalistas seguida do filme Os Fenómenos con 11, a serie Serramoura con 9 e a película Schimbare, presente en oito das categorías dos galardóns.
Os académicos terán que escoller entre un total de 42 obras de cara á gala final, entre películas, series ou documentais, entre outras propostas. Este ano, ademais, a Academia Galega do Audiovisual estreou un novo procedemento de votacións que permite aos socios votar en liña.