
Rodolfo Ucha Piñeiro. Construíndo Ferrol é a exposición coa que o Centro Torrente Ballester propón unha revisión actualizada do legado arquitectónico de Rodolfo Ucha Piñeiro, encargado de renovar a estética da cidade de Ferrol mediante a introdución dos novos estilos á arquitectura do seu tempo.
A exposición inclúe fotografías, documentos históricos e imaxes de arquivo, ademais dunha serie fotográfica do fotógrafo ferrolán Ovidio Aldegunde en homenaxe á arquitectura de Rodolfo Ucha Piñeiro. Tamén se presenta unha coidada publicación con textos de Alfredo Vigo Trasancos e o director da Escola Técnica Superior de Arquitectura de A Coruña, Fernando Agrasar.
A mostra poderase visitar a partir de mañá ás 20.30 horas. Unha hora antes haberá unha conferencia de Alfredo Vigo Trasancos, catedrático de Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela, sobre a arquitectura de Rodolfo Ucha Piñeiro.