O próximo 14 de maio comeza na cidade das murallas unha nova edición do seu soado Festival de Música Cidade de Lugo XLIV Semana de Música do Corpus, que se celebrará ata o 11 de xuño.
O evento ofrecerá, en total, nove recitais que se realizarán, na súa maioría, no Círculo das Artes da cidade, coa excepción dos concertos do 20 de maio, que será no Museo Interactivo da Historia de Lugo, e do 6 de xuño que terá como escenario a Casa do Saber da USC. As entradas será gratuítas ata completar o aforamento.
A programación complétase coa celebración do III Festival Internacional de Órgano Corpus Christi de Lugo con tres recitais na catedral de Lugo e un na igrexa de Santiago A Nova. Ademais, o 21 de maio, os alumnos do conservatorio e as escolas de música organizan unha xornada de música na rúa desde as 11:00 ata as 20:00 horas.