A 5ª edición do concurso Sabores de Ourense Primavera, organizada conxuntamente polo Concello de Ourense, a través da Concellería de Turismo e Termalismo, e a Unión de Hosteleros Ourensanos (UHO), finalizará o vindeiro domingo, 8 de maio.
Nesta ocasión participan un total de 39 establecementos, a maioría concentrados na zona de viños e o Ensanche, ademáis das dúas instalacións termais. O importe máximo dos pinchos é de 2,50 euros co obxectivo de que todo o mundo poida probalos. O Dieciocho eo regreso de A Casa do Pulpo, son as principais novidades e incorporacións desta nova edición.