Trivago.es seleccionou os 10 mellores destinos de España para practicar turismo activo, tendo en conta tanto a variedade que ofrecen como a facilidade de aloxamento para turistas e entre os seleccionados figura Galicia.
A nosa comunidade destaca pola súa natureza e pola posibilidade de practicar deportes de aventura como o barranquismo, o ráfting, o hidrospeed ou o parapente. Tamén sinalan dende trivago.es a riqueza natural e arqueolóxica das Illas Cíes para a práctica do submarinismo.
Xunto con Galicia, tamén aparecen outros destinos como Asturias, Cantabria, Euskadi, Cuenca, Mallorca, Cádiz ou Canarias, entre outros. O turismo activo é dos que máis creceu en España na última década.