O Clúster del Turismo de Galicia (CTG) e o Clúster Audisovisual Galego(CLAG) asinaron un protocolo para establecer sinerxías e impulsar actuacións que permitan aproveitar os medios audiovisuais para dar a coñecer Galicia como destino turístico global e de calidade.
Trátase de traballar de forma conxunta na mellora do destino turístico e favorecendo a busca de localizacións e espazos de rodaxe, por exemplo. Ambas as dúas entidades destacaron que, aínda que é difícil medir o retorno económico das rodaxes, si é evidente que son xeradores de imaxe de marca e de promoción, polo que destacaron a necesidade de apostar por unha Comission Film galega que permita a atracción dun maior número de rodaxes ao noso territorio, procurando a máxima colaboración entre todos os axentes implicados, xa sexa públicos ou privados.
Ademais, o CTG impulsará o coñecemento de Galicia como lugar de rodaxe nas diferentes feiras nacionais e internacionais nas que participa.