A Ruta BBVA visitará en 2015 a nosa comunidade na súa trixésima edición Aventura no país das esmeraldas. Deste modo, Turismo de Galicia reafirma a súa aposta polo fomento do intercambio cultural e pola internacionalización da cultura galega a través do Camiño de Santiago.
Esta ruta levará 200 mozos de España, Portugal e América a percorrer durante o verán de 2015 España e Colombia a través dunha experiencia formativa. Galicia acollerá estes expedicionarios para que coñezan as tradicións e cultura do Camiño de Santiago, o fenómeno das peregrinacións e a capital compostelá.