Damián Seijas non só é quen prepara o mellor café en Galicia, tamén resultou vencedor na proba nacional que se celebrou en Málaga. O galego acaba de proclamarse gañador na gran final do X Campionato Nacional de Barista Fórum Café.
Seijas impúxose a outros 16 baristas nunha competición que premia a mellor técnica e coñecemento na preparación de café espresso, cappuccinos e bebidas con café e que ten por obxectivo promover a cultura do café no noso país e prestixiar a figura do barista.
Damián Seijas, ademais do campionato de España levouse os premios á mellor bebida de especialidade e ao mellor latte art.