Este xoves 10 de marzo regresa a segunda edición do roteiro didáctico Ferrol Rebelde, un anaco da historia da cidade concentrado nun paseo de 90 minutos e 10 paradas polas rúas e prazas do centro que se achega aos acontecementos históricos e os perfís persoais que lideraron un século de loita polos dereitos e liberdades.
En total, serán 30 roteiros todos os sábados e os domingos -do 10 de marzo ao 1 de maio- con saídas desde o Palco da Música do Cantón de Molíns en horario de mañá e tarde: ás 11:00 e as 17:00 horas, completamente de balde. Para participar nesta nova edición de ‘Ferrol Rebelde’ cómpre facer unha inscrición previa no teléfono 640 65 13 14.
O roteiro vai de 1871, coa publicación en Ferrol do primeiro xornal obreiro de Galicia El trabajo ata 1975, coa asasinato a tiros de Moncho Reboiras por parte da policía franquista nun portal da rúa da Terra, a escasos metros do Concello de Ferrol. O punto de inicio será, como na primeira edición, o Palco da Música do Cantón, para transcorrer pola Rúa Magdalena, a praza das Angustias, Esteiro e rematar na rúa da Terra.