O Concello de Lugo continúa coa súa campaña de promoción turística Vén, é Lugo e, nesta ocasión, percorrerá España en autobús grazas á colocación dunha traseira nun vehículo da compañía ALSA que viaxa por Madrid, Valladolid e Palencia.
A iniciativa, que se desenvolverá ata o mes de outubro, trata de ensinar Lugo e reforzar a presenza da cidade nos destinos susceptibles de achegar máis turistas ao municipio galego, xa que Madrid e Castela León son os lugares que se atopan á cabeza en canto a número de visitantes, cun total de 800 turistas nos meses de xaneiro e febreiro.
A medida pretende consolidar o crecemento do sector turístico na cidade, que en 2014 supuxo un aumento do 8,5% en rendibilidade hostaleira, un 3,5% de emprego e un 5% de turistas.