A 38ª Semana Internacional de Cinema de Autor de Lugo, que organiza o Grupo Fotocinematográfico Fonmiñá, celebrarase do 19 ao 24 de setembro.
O evento rende homenaxe a Buster Keaton no 50 Aniversario do seu falecemento, a través do cartel oficial da Semana, así como coa reposición dalgunha das súas películas nas distintas salas do Festival.
As cintas foron seleccionadas tras recibir ao redor de 1.000 longos e curtos, de 52 países de todo o mundo, das que se elixiron máis de 100 para esta edición.
Nesta edición, a programación conta con: Ciclo infantil, O mellor do ano, Sección Oficial, E para comer… Lugo, A muller protagonista, Como a vida mesma, Arte de cinema, Cinema Galego, 50 Aniversario ASPNAIS, Día de Asturias, 20 anos sen o Gran Teatro, e As curtas tamén son cinema.
Todas as películas, que se proxectarán na Biblioteca Municipal, Museo Provincial, MIHL,Vicerreitorado da Universidade (Casa do Coñecemento) e na Deputación de Lugo, serán totalmente gratuítas.