A quinta edición dos Premios D.O. Ribeiro reúne hoxe, a partir das 12.30 horas no mosteiro de San Clodio, a máis de 300 persoas nunha gala que contará co actor galego Serxio Pazos como conductor.
Un panel profesional de cata será o encargado de recoñecer os mellores viños brancos, de adega e de colleiteiros, e tinto, que se descubrirán durante o evento. Tamén se recoñecerá o bo traballo de profesionais e establecementos galegos que axudan á difusión do mundo do viño. Entre estes galardóns detaca o de persoeiro de honra que se concede a Cristino Álvarez.