Lalín celebra, ata o próximo 14 de febreiro, o Mes do cocido, unha iniciativa que pretende promover este prato gastronómico a través do sector da hostalaría e restauración do concello.
O obxectivo desta acción, na que este ano participan un total de 29 establecementos, é que grupos de amigos ou familias se acheguen a Lalín. Os restaurantes participantes contan cun distintivo e entregan un pin oficial aos comensais que, cada tempada, superan as 100.000 persoas.
Ademais, para promover o cocido realizaranse outras actividades paralelas como unha degustación en Barcelona, unha presentación no Grove ou a participación en Madrid Fusión.
MÁIS INFO EN Lkm0.org