Este mes chega ás librarías a segunda edición de Galicia entre copas, de Mariano Fisac, revisada e actualizada para dar testemuño da realidade deste momento histórico no que o sector vinícola galego goza dun grande esplendor.
O volume, editado por Hércules de Ediciones e con prólogo de Pepe Solla, recolle máis de 50 adegas, estructuradas nas cinco denominacións de orixe, máis un capítulo no que caben viños moi interesantes pero que por distintas razóns quedaron fóra desta clasificación oficial.
O libro foi determinante no recoñecemento ao autor polo Instituto Galego do Viño, que lle otorgou o premio á Mejor Difusión del Vino Gallego en 2015.