O musical Las Minas Puerto Flamenco regresará este verán a Galicia. En concreto, estará no Teatro Rosalía Castro da Coruña o vindeiro 8 de xullo.
Trátase dun espectáculo que reúne a premiados do festival El Cante de Las Minas e que conta a historia do flamenco a través dunha xira que leva varios meses recorrendo España. Ao longo de 100 minutos, un total de 10 artistas -cada un dunha especialidade- soben ao escenario para ofrecer guajiras, habaneras, coplas, soleás…