O actor Luis Tosar é o personaxe galego preferido para saír a tomar unhas cervexas, seguido polo dono do imperio Inditex, Amancio Ortega, e a cantante Luz Casal, segundo a enquisa, ¿Con quién te irías de cañas? realizada cada ano por Cerveceros de España.
En canto ás personalidades escollidas a nivel nacional polos galegos destaca a S.M o Rei Felipe VI, en primerio lugar, o actor Dani Rovira, en segundo e o cantautor Joaquín Sabina en terceiro posto.
Rafa Nadal proclámase, por cuarto ano consecutivo, como o número un entre os deportistas nacionais cos que os galegos compartirían unha cervexa, sígueo o piloto Fernando Alonso e o gardameta Iker Casillas.