Imagen de pazodesenorans.com
A adega Pazo de Señoráns acaba de celebrar o seu 25º aniversario cunha cata de viños seguida dun xantar cunha ampla representación da restauración galega á que agradeceu o seu apoio ao longo de todos estes anos.
Pazo de Señoráns naceu nos anos 80 da man de Marisol Bueno e do seu marido, Javier Mareque, que adquiriron este pazo galego. En 1989, con 7.000 botellas no mercado, comezan a comercializar os seus viños.
Actualmente a produción supera as 300.000 botellas anuais, distribuídas en catro viños, Sol de Señoráns, Pazo de Señoráns, Pazo de Señoráns Selección de Añada e Pazo de Señoráns Colección. Ademais, dende 1993, a adega elabora tamén augardente de albariño e augardente de herbas.