Segundo o buscador de hoteis trivago.es, Madrid, Sanxenxo e Algarve foron os destinos máis buscados polos galegos este último verán. En concreto, os dous primeiros acaparan o 76% das procuras. Outros destinos galegos como A Coruña, Vigo e O Grove ocuparon o oitavo, undécimo e décimo segundo posto, respectivamente.
En viaxes dentro do país, os galegos pasan unha media de 5,9 noites e no estranxeiro 5,6. Mentres que pagan de media 113 euros en aloxamentos nacionais e 185 en internacionais.
En canto á procedencia dos turistas que mostran máis interese por Galicia, a maioría son españois, seguidos de portugueses, italianos, alemáns e británicos. Demandan spa, parking e conexión wifi nos hoteis, aínda que no caso de Sanxenxo piden que se atope a pé de praia e conte con piscina.