O Concello de Pontevedra, a Mancomunidade do Salnés e a Fundación Amigos do Camiño inician unha colaboración coa que pretenden aproveitar sinerxias e promocionar e desestacionalizar un destino único.
Gastronomía, patrimonio cultural, natureza, actividades deportivas e naúticas ou o Camiño Portugués a Santiago utilizaranse como elementos diferenciadores para facer desta zona un destino turístico único e de calidade. Apostas como a organización de eventos deportivos -por exemplo o futuro Campionato do Mundo de Tríatlon- axudarán a promover a actividade económica e desestacionalizar o turismo.