Monforte de Lemos celebrará este fin de semana, sábado e domingo, o seu Mercado de Outono. Un evento no que se ofrecerán produtos gastronómicos da estación, cogomelos, castañas, caza, verduras, embutidos ou empanadas, entre outros.
Non será o único mercado que se celebre durante este mes de novembro, xa que entre o 8 e o 9 de novembro, o protagonista da praza será a gastronomía galega; o 15 e o 16, as manualidades; e o 22 e o 23, todo o necesario para o fogar.
En todos eles, o horario será sábados de 10.30 a 14.00 horas e de 17.00 a 20.00 horas, mentres que os domingos será de 10.30 a 14.00 horas.
MÁIS INFO EN MERCADOSDEMONFORTE.COM