O Mosteiro de Caaveiro mellora os seus resultados de visitantes con respecto ao verán pasado. Se en 2013 se alcanzaron os 17.853 turistas entre os meses de xullo e agosto, nesta ocasión son 18.201 persoas as que visitaron o monumento propiedade da Deputación.
En todo o que vai de verán, Caaveiro alcanza unha media de case 294 persoas por día. Delas, o 69% visita o monumento en días laborais e o 31% en fin de semana. Das 18.201 visitas deste ano, 11.513 optaron por coñecer pola súa conta o mosteiro (o 63%), e 6.688 fixérono con servizo de guía (o 37%).
Ademais, debido á afluencia de visitantes durante os meses de verán, a Deputación pon a servizo dos turistas un servizo de transporte que, como novidade este ano, incorporou unha nova saída dende o municipio da Capela. O servizo de transporte gratuíto manterase aínda ata o 14 de setembro.